Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno amosa a súa solidariedade cos afectados polas inundacións de Viveiro que costaron a vida dunha muller

Lugo, 19 de novembro de 2018.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, expresou hoxe a súa solidariedade co pobo de Viveiro e, especialmente, coas persoas afectadas polas inundacións rexistradas a pasada noite, suceso no que perdeu a vida unha muller.

A subdelegada do Goberno acompañou esta mañá á alcaldesa, María Loureiro, nunha visita á zona da Xunqueira, que foi a máis afectada polos danos e na que, aínda conmocionados polo suceso, comezaron xa os traballos de limpeza.

Antes de visitar aos veciños afectados no barrio da Xunqueira, onde comprobou os destrozos causados pola auga, a subdelegada do Goberno mantivo unha xuntanza coa alcaldesa e co seu equipo, na que Isabel Rodríguez puxo a disposición do Concello de Viveiro todos os medios e a colaboración do Goberno de España.

Exit mobile version