O emprazamento elexido polo Concello de Barreiros son os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante e a acción formativa dará comenzó ás 10:00 h rematando ás 14:30 h. As inscripcións pódense realizar chamando á oficina de Turismo no tlfno. 982 124 002
No tocante ó Concello de Ribadeo, o taller de cociñado terá lugar na Aula Fogar da Escola de Música en R/ Clemente Passarón nº 10. e as inscripción pódense reservar no tlfno 982 128 650
Tamén se pode facer a reserva de praza no enderezo de correo electrónico obradoiroscocinamarinaortegal@gmail.com ou de xeito presencial nos propios talleres.
O contido da actividade formativa abarca dende novas formas de fileteado de peixes, desespiñado e novas receitas tamén con mariscos, algas e herbas de litoral do territorio e será o último dun programa que abarcou ós doce concellos costeiros do territorio Mariña-Ortegal