Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do Concello foi escenario dos actos conmemorativos da campaña Burela en Negro Contra as Violencias

Alí colocouse unha mesa informativa, un libro de firmas e unha pancarta reivindicativa. Nas actividades nas que interviñeron os centros de ensino e a Escola de Música participaron tamén o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Deportes, Noelia Mª Ben, José Díaz e Ramiro Fernández, así como a deputada mariñá e ex edil burelesa Patricia Otero e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Houbo lectura dun manifesto así como o fallo dos Concursos de Microrrelatos e Lemas convocados polo Concello. Pola tarde foron os clubs deportivos locais os que quixeron sumarse a esta campaña Burela en Negro contra as Violencias.

Exit mobile version