Burela 20-11-18. A Pescada do Pincho de Burela será un dos produtos pesqueiros que se degustarán durante os actos do “Día Internacional da Pesca” e do “70 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos”, que se celebrará en Roma este mércores 21 de novembro organizados pola FAO.
A xornada, bajo el título “Os dereitos laborais son dereitos humanos: traballando xuntos para garantir os dereitos dos mariñeiros e fortalecer a loita contra o tráfico e o traballo forzoso no sector pesqueiro”, está organizada conxuntamente pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) e a Santa Sede.
A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo OPP-07 participa neste evento aportando algún dos seus principais produtos pesqueiros, como son a pescada do pincho de Burela e tamén a caella ou tintorera, que degustarán ao final da xornada os máis de 100 representantes mundiais da pesca participantes.