A Mariña, 24 de novembro 2018. Este sábado o BNG instalou a mesa informativa en Foz, localidade na que o vindeiro sábado 1 de decembro haberá un acto público informativo na Casa da Cultura ás 19h, e no que intervirán Francisco Xavier Fanego, responsable local do BNG en Foz, Xosé Paleo, de CIG industria, e a deputada nacionalista Olalla Rodil.
Esta campaña que o BNG iniciou no mes de outubro, vén percorrendo os concellos da Mariña, con actos públicos, mesa de recollida de sinaturas e divulgación de información. Os nacionalistas realizaron xa este tipo de actos en varios concellos da comarca, e o próximo sábado 1 de decembro, ademáis de Foz, haberá tamén acto informativo en Viveiro.
No plano institucional o BNG está levando tamén mocións aos concellos, nas que se pide una tarifa eléctrica propia para Galiza, a baixada do IVE na factura eléctrica e a socialización dos beneficios xerados pola producción eléctrica en Galiza, país excedentario en enerxía.