Este sábado 1, o BNG de Viveiro fará un acto público na explanada da variante de Viveiro ás 11:30 da mañá, onde se informará sobre a tarifa eléctrica galega e se instalará unha mesa para a recollida de asinaturas a favor dela. No acto intervirá Miriam Bermudez, do BNG de Viveiro, e Mini Rivas Cruz, deputado parlamentar. Esta campaña que o BNG iniciou no mes de outubro, vén percorrendo todos os concellos da Mariña con actos públicos, mesa de recollida de sinaturas e divulgación de información.