A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo en ruta, o percorrido en Astorga para visitar lugares como a catedral, o pazo episcopal ou o centro histórico da cidade. Despois os participantes na excursión irán comer o típico cocido maragato a Castrillo de los Polvazares. O prezo é de 45 euros por persoa, co seguro de viaxe incluído. Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está nas galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
