Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Veciños “O Vencello” celebrará os 100 Anos da Educación Pública en Burela

Burela 18-11-18. Cúmprense 100 Anos do Inicio da Educación Pública en Burela. Neste 2018 cumpríronse 100 anos do inicio da Escola Pública en Burela, chamada en un principio Escola Nacional de Burela, posteriormente Escola Pública de Burela. Por este motivo a Asociación de Veciños “ O Vencello” vai celebrar o 21 de Decembro de 2018 un evento, Charla/Mesa Redonda, para conmemorar esta efeméride tan importante para a nosa vila.
Este será un primeiro evento adicado á educación na nosa vila que formará parte dun programa que terá o seu culmen coa celebración dos 100 anos da inauguración do que en Burela solemos chamar “As escolas vellas”, para o ano 2024; e que foi o inicio do gran despegue do sistema educativo en Burela, que tanto influíu na formación, evolución dunha gran cantidade de burelenses así como do desenrrolo do noso pobo; de ahí a importancia destes actos.
Dita conmemoración consistirá na realización dunha mesa redonda no Salón de Actos da Cofradía de Pescadores de Burela, onde participarán diversas persoas para abordar temas relacionados coa educación pública en Burela daquela época. A charla principal será dada por Dna. Rita Gradaille Pernas, Pedagoga da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias da Educación, e natural da nosa vila. Nesa mesa redonda tamén estarán outros representantes da educación de Burela como Dna. Herminia Pernas Oroza e Dna. Mª Agueda Barcia Iravedra, ambas profesoras, para disertar sobre a evolución da mesma así como da situación e influencia da muller no sistema educativo de Burela. Toda a información con referencia a este evento será comunicada en breves con horarios e títulos das charlas e dos participantes.

Exit mobile version