O Valadouro 11-11-18. Celebrouse no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro, foi a primeira cita do calendario de tiro con arco, inaugurando o Ránking Autonómico Unificado para a tempada 2018-2019. Preto de 180 arqueiras e arqueiros chegados das catro Provincias participan nesta cita deportiva. Ademais, estiveron presentes actuais campións de España como o pontés Miguel Alvariño na absoluta de Arco Recurvo Home; Óscar Casal na absoluta de Long Bow Home ou Melania Sanjorge na absoluta de Low Bow Muller. A Federación Galega de Tiro con Arco e o Club Castelarco do Valadouro foron os encargados da Organización do evento, que se celebra por segunda vez no Valadouro.
180 arqueiros participan no Valadouro no Trofeo Federación, puntuable para o Ránking Autonómico
180 arqueiros participan no Valadouro no Trofeo Federación, puntuable para o Ránking Autonómico
Relacionado
-
Pescados Rubén non continuará como patrocinador do CD Burela FS
-
O Concello de Cervo apoia o traballo da SD Candelaria cunha axuda nominativa que se incrementa este ano en 6400 euros
-
A UNED de Lugo e a Fundación Breogán conclúen a terceira edición do proxecto Ningún Aro Sen Rede visitando a comarca dos Ancares