En todo caso queremos deixar moi claro que, lles guste ou non ,seguiremos facendo as análises que estimemos oportunas, manifestando todo aquelo que pensamos que non está ben e que é susceptible de mellora, co ánimo de que o corrixan, aunque moitos nos tememos vistos os antecedentes que as nosas verbas seguirán caendo en saco roto.
Non apoiamos estas contas por varias razóns: en primeiro lugar porque son as contas dun presuposto no que non se nos deu a oportunidade de participar na súa elaboración, é mais, das múltiples propostas que presentamos non se tivo en conta ningunha, nin siquiera se nos deu resposta sobre as mesmas tales como eran a baixada do IBI para o 2019,a elaboración de plans plurianuais para ter saneamento nas parroquias ou para dar solución as roturas das tubaxes da auga…
En segundo lugar polos desfases presupuestarios observados entre as previsións iniciais e o gastado finalmente, así en atencións protocolarias e órganos de goberno se presupostaban 7.450 € e se acababan gastando 17.000, en outras imndenizacións órganos de goberno 91.100 € e acaban gastando 144.350 ( un 60% máis), en gratificacións á policía local 29.659 € e gastan 93.213, en festas presupostan 135,448 € e acaban gastando 166.496, en incentivos ó rendimento, gratificacións presupostan 40.666 € e acaban pagando 151.100 ( 110.434 € a maiores repartidos ó gusto entre as nóminas máis altas ). A todo isto habería que engadirlle o “sablazo municipal” en multas de tráfico 244.460 € ( un 80% máis que no ano anterior ), dos que non se emprega un so euro en melloras da seguridade viaria e que so sirve para pagar as elevadas nóminas, por riba dos 4000 euros mensuais, dalgúns dos miembros da policía local.
En terceiro lugar polo elevado número de facturas con reparos de intervención, facturas nas que se excede o importe e a duración establecidos para ser tramitadas como contratos menores, o que fala ben as claras da falta de planificación para acadar unha contratación correcta. Este feito non é novedoso porque se repite ano tras ano.
En cuarto lugar por ser esta a conta das pastas e o café, xa que se aboa unha factura de 1.590 € que no seu concepto di: fra 44/02 reunión UGT 101 comensais cafés e pastas. Non hai diñeiro para outras cousas, pero para estas si.
Por todo o dito o noso grupo non apoiu estas contas, porque non son boas para os veciños de Viveiro e porque pensamos que outra xestión económica é posible, e en definitiva porque fará falta moi pouco para mellorar a pésima xestión deste goberno socialista que nos sitúa como o Concello máis endebedado da provincia ( 67 Concellos) , o sexto de Galicia ( 313 ) e o 595 de España (8125) e cunha débeda viva a 30 de xuño de 2018 de 13.400.000 €.
En Viveiro a 19 de outubro de 2018
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro