Na reunión tamén se abordou o tema das axudas económicas que o Concello de Cervo destina aos clubs cada ano “este exercicio reservamos 37.000 euros do orzamento para este fin, un 10% máis que o ano anterior; e a día de hoxe, tal e como lles comunicamos aos clubs, xa estamos a traballar nas novas partidas”, apuntou o rexedor.
Villares e Soto puxeron en valor “o labor que veñen desenvolvendo estes clubs de xeito altruísta promovendo e enchendo Cervo de deporte ao longo de todo o ano, un traballo polo que debemos estarlles tremendamente agradecidos”.
As entidades deportivas son a S.D Candelaria, o Club Deportivo San Ciprián, a S.D Cervo Sargadelos, o Club de Tiro con Arco ladovi, o Club Medela MTB, o Club de Tenis de Mesa San Ciprián, o Club Limosa Surf e o Club Náutico Amigos del Mar.