Natural do Valadouro, Patricia Vázquez é arquitecta e dispón do curso superior de Urbanismo e de diversos mestrados en Estruturas e en tratamentos de Madeira. Ademais é técnico superior de Prevención de Riscos Laborais. Tamén conta cunha ampla experiencia, tanto na empresa privada, como a nivel municipal xa que traballou nas oficinas técnicas de concellos de Cervo, Burela, Viveiro e, máis recentemente na Pontenova.
Patricia Vázquez mantivo unha xuntanza co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro que, serviu a modo de presentación e tamén para marcas as liñas estratéxicas deste departamento que pasan por ofrecer a máxima colaboración ás entidades locais e particulares que se relacionen co servizo.