Burela 13-10-18. O Pescados Rubén Burela FS continúa con paso firme e sen tropezos o seu inicio de liga, cun importante triunfo na pista do Móstoles FSF (2-4). As pupilas de Julio Delgado e Lucas, que viaxaban condicionadas polas lesións, ofreceron un gran partido no que foron de menos a máis, serio en defensa e con gran desgaste físico.
Cilene, no minuto 18, aproveitou unha falta para brindarlles a vantaxe ás galegas e finalizar a primeira parte con 0-1. Con todo, o regreso á pista non foi tan agradable. Aos poucos segundos do reinicio, o Móstoles igualou a contenda grazas a Patri Chamorro nun penalti de Jozi. Tan só dous minutos despois, o Pescados Rubén recuperaba a iniciativa no electrónico tras un contraataque, materializado por Cristina ao segundo pau. A estrea de Tais Alves non podía ser mellor, asinando o 1-3 no minuto 26, cun balón desde os dez metros que se coou pola escuadra. Superado o ecuador do segundo acto, as burelistas ampliaron a fenda, cunha tentativa en propia porta de Celia, en tentativa de despexe. As galegas tiveron que navegar co lastre das cinco faltas. No 35, o Móstoles, sen facer dano, quixo ir polo partido con xogo de cinco. Tan só puido atopar o gol, nos últimos segundos, de novo con Patri Chamorro, de dobre penalti.
Ficha técnica
Móstoles FSF: Miri, Patri Chamorro, Celia, Inma, Carmen Alonso, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Benete, Desi, Rocío Robles
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cristina, Cilene, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Luci, Alves, Cris, Ana Romero
Goles: 0-1, minuto 18, Cilene; 1-1, minuto 21, Patri Chamorro; 1-2, minuto 23, Cristina; 1-3, minuto 26, Alves; 1-4, minuto 32, Celia (p.p.); 2-4, minuto 40, Patri Chamorro
Árbitros: Cabello Ruiz // Cubero García. Por Móstoles amarela a Patri Chamorro (minuto 32). Por Burela amarela a Cristina (minuto 28).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira División RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Villafontana de Móstoles. Minuto de silencio inicial pola traxedia de Sant LLorenç.