Site icon Crónica3.com A Mariña

O pintor Xoan Guerreiro abre o xoves 18 o Outono Cultural en Viveiro

Viveiro 13-10-18. O Outono Cultural 2018 que dá comezo o xoves 18 de outubro, ás 20:30 horas, na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro. Neste local desenvolverase a primeira das Tertulias programadas. Abrirá estas actividades o pintor Xoán Guerreiro ao que lle seguirá, na seguinte sesión destas tertulias xa no mes de novembro ,a música Ugía Pedreira.

Tamén o colectivo volve a programar neste outono os Xoves musicais. Serán no mes de novembro , no Teatro Pastor Días e neles actuarán o grupo caboverdiano Batuko Tabanko e o Coro da Mariña.

Completará esta programación de outono, que conta coa axuda económica da Deputación de Lugo, a proxección de dúas películas de temática social: Hippocrate, de Thomas Liti, un achegamento á condición laboral da medicina e Pride, de Mattew Warchus, unha historia de dúas comunidades diferentes que se xuntan por unha causa común.

Exit mobile version