Foz 3-10-18. Esta mobilidade está enmarcada dentro da beca de alumnado Erasmus Pro do programa KA102 “HIFE”, concedido ao IES de Foz. en xuño. As becas Erasmus Pro, para alumnos de FP son becas de longa duración e están subvencionadas cunha beca de 360 euros para desprazamento e 4318 euros para a estadía.
O obxectivo desta actividade é principalmente o de aumentar a súa empregabilidade e mellorar as súas perspectivas profesionais, ademais de mellorar a autocapacitación e autoestima, os coñecementos de lingua inglesa e ampliar a súa concienciación intercultural.
Durante os primeiros días estará acompañada pola profesora Leticia Maseda, que, dentro dunha Beca Erasmus de acompañamento, axudará a alumna a instalarse na cidade