A Unidade Móbil de Axuda Coas Reclamacións colocarase na entrada do Centro de Saúde de Lourenzá entre 11 e 13 h, para informar a usuari@s e profesionais de todo o que precisen en materia de tempos de agarda, derivacións e calquera outras dúbidas que teñan. Tamén prestarán axuda na redacción e presentación polo rexistro de reclamacións. Nesta ocasión farase especial énfase na reclamación da cobertura inmediata, total e estable da pediatra de baixa.