Lugo, 16 de outubro de 2018.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, recibiu hoxe ao novo xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez Martínez.
Isabel Rodríguez mantivo esta mañá o seu primeiro encontro de traballo con Álvarez Martínez, que foi nomeado responsable da Dirección Xeral de Tráfico na provincia de Lugo o pasado día 9. A subdelegada do Goberno aproveitou a xuntanza para pedirlle que lle dea a máxima prioridade á seguridade vial nas estradas da provincia.
Ángel Álvarez naceu en León en 1982. É Licenciado en Dereito pola Universidade de León, funcionario da escala superior de Técnicos de Tráfico da DXT e sustitúe no cargo a Paula Yubero Plaza, que pasou a desempeñar o posto de xefa provincial de Tráfico en Pontevedra.
Con anterioridade, Álvarez ocupou o posto de subxefe na Xefatura de Tráfico da provincia da Coruña e ata o seu nomeamento desempeñaba transitoriamente o cargo de xefe provincial de Lugo en atribución temporal de funcións.