A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 35 euros por persoa. Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
