Dende a central nacionalista advírtese das negativas consecuencias destas avarías, que por unha parte supoñen unha sobrecarga para os/as profesionais do centro e pola outra conlevan un grave inconveniente para os usuarios e usuarias polos atrasos nos resultados das probas radiolóxicas para a diagnose.
Ocupación ao cen por cen
Isto ocorre, denuncian, nun momento no que o centro mariñao se atopa cunha ocupación do cen por cen, con todas as camas ocupadas e tendo que ingresar pacientes adultos na unidade de pediatría por falta de camas.
Dende a central nacionalista esíxenlle á Xerencia do Hospital da Mariña que cumpra coas súas obrigas e solucione este cúmulo de avarías nos aparellos de radioloxía para garantir unha atención de calidade. CIG-Saúde pregúntalle tamén aos/ás responsábeis do PP na comarca se estes son os “máis e mellores” servizos anunciados para o Hospital da Mariña.