Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural A pomba do arco organiza o martes 16 de outubro ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza

No acto contarase coa presenza de Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976. O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luís Trigo Chao “O Gardarrios” e da especialista en memoria e profesora da Universidade Montpellier.

Exit mobile version