No acto contarase coa presenza de Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976. O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luís Trigo Chao “O Gardarrios” e da especialista en memoria e profesora da Universidade Montpellier.