Site icon Crónica3.com A Mariña

Reabre este mércores en Ribadeo o café bar Madison con nova xerencia, a cargo de Javier González Barcia

Na avenida de Asturias, número 11, de Ribadeo, reabre este mércores, un establecemento hostaleiro histórico na vila ribadense: o café bar Madison. Nesta nova etapa o xerente é Javier González Barcía, tamén coñecido como Javi Tattoo. A inauguración será a partir das 20:00 horas e incluirá unha degustación gratuíta de bebida e tapas para os clientes. O novo Madison disporá de tres pantallas de tv, unha delas xigante, para que os clientes poidan gozar ao grande dos principais acontecementos deportivos. Abrirá todos os días ás 08:00 horas, estará atendido por persoal con ampla experiencia en hostalería e ofrecerá almorzos, tapas, racións e bocadillos, ademais dunha gran variedade de bebidas.

Exit mobile version