O primeiro premio, de 100 euros, foi para a foto titulada Presa de Celeiro, presentada por Noelia Ramalleira Barrera. E o segundo premio, de 50 euros, correspondeulle a José Rocha Grande pola súa foto Corveira. Estas imaxes irán na portada e contraportada do calendario do Concello de Barreiros para o ano 2019. Entre as restantes fotografías presentadas ao concurso seleccionaranse doce para representar a cada un dos meses.
O acto desta mañá estivo presidido polo alcalde, Alfonso Fuente Parga.
O xurado estivo integrado pola fotógrafa Iria Pernas Cagigal, o pintor afeccionado Ángel Carregal Alonso e a secretaria interventora do Concello, Begoña Teijeiro, que deu fe do acto.