Barreiros, 27 de setembro de 2018. Este mediodía foron entregados no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os premios aos gañadores do 1º concurso de fotografía Barreiros, un mar de praias, que foi organizado polo Concello.
O primeiro premio, de 100 euros, foi para a foto titulada Presa de Celeiro, presentada por Noelia Ramalleira Barrera. E o segundo premio, de 50 euros, correspondeulle a José Rocha Grande pola súa foto Corveira. Estas imaxes irán na portada e contraportada do calendario do Concello de Barreiros para o ano 2019. Entre as restantes fotografías presentadas ao concurso seleccionaranse doce para representar a cada un dos meses.
O acto desta mañá estivo presidido polo alcalde, Alfonso Fuente Parga.
O xurado estivo integrado pola fotógrafa Iria Pernas Cagigal, o pintor afeccionado Ángel Carregal Alonso e a secretaria interventora do Concello, Begoña Teijeiro, que deu fe do acto.