Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado chega a Covas a campaña da FCAM que está a sortear máis de 10.000 euros en premios nos oito sorteos que teñen lugar na Mariña ata o 10 de novembro

A Mariña, 27 de setembro de 2018. Este sábado, día 29, chega a Covas a campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros en premios nos oitos sorteos que se desenvolven ata o 10 de novembro. En cada localidade participante póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a cada Asociación de Comerciantes participante.
Pasado mañá terá lugar o segundo sorteo desta campaña. Será en Covas a partires das 20:30 horas no Parquemar. No mes de outubro as cistas serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos seguirán en Xove o 3 de novembro e rematará o 10 de novembro en O Vicedo.
As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán nos sorteos de 1.500 euros en vales de compra en cada unha das oito asociacións de comerciantes da Mariña que forman parte da FCAM.
Os sábados dos sorteos durante todo o día e en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas na carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña realizarase o canxe dos tíckets polas papeletas que lle permitirán á clientela do comercio mariñá participar nos devanditos sorteos, que serán presenciais e na mesma carpa. Está previsto que todos dean comezo ás 20:30 horas.
A FCAM repartirá máis de 10.000 euros premios en menos de dous meses, nunha campaña que está consolidada entre a poboación da comarca e que serve para reactivar as compras no comercio de proximidade durante o outono. Está financiada pola FCAM, pola Xunta de Galicia coas súas liñas de axuda ao comercio e conta coa colaboración da Federación Galega de Comercio.
O sábado pasado a FCAM repartiu os primeiros 1.500 euros en Viveiro nun sorteo que contou cunha grande asistencia de público.
Desde a FCAM animan “a facer as compras no comercio da nosa comarca durante estas datas. Nos nosos establecementos atoparán todo o que precisan para o recen estreado outono”.

Exit mobile version