Ata 11 alumnos e alumnas da Escola de Música de Mondoñedo interpretarán temas de tódolos tempos e de diversos estilos no Festival ‘Mamá, quero cantar’ que organiza o Concello coa coordinación da profesora Xulia Nogueira. A cita desenvolverase este venres 7 de setembro a partir das dez da noite na praza do Concello, antes da IV Festa da Xuventude.
