Site icon Crónica3.com A Mariña

A Feira de produtos ecolóxicos de Viveiro comeza, co apoio da Deputación

Viveiro 30-8-18. O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente de CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), Francisco López Valladares, xunto con membros da corporación, inauguraron este xoves a feira de produtos ecolóxicos que se celebra, dende hoxe e ata este sábado 1 de setembro nos xardíns de Noriega Varela. Baixo o nome de Ágora Verde, serve para dar a coñecer estes alimentos na Comarca, e os stands participantes estarán abertos dende ás 11 ata ás 22 horas.
O Goberno da Deputación é o principal impulsor desta iniciativa, que chega a súa terceira edición, cunha achega de 25.000 euros. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.

Exit mobile version