Viveiro 3-7-18. A cadea hostaleira Galipizza decidiu a comezos de ano celebrar o seu 25 aniversario cun súper premio para toda a vida: entrada gratis de por vida para o Resurrection Fest e comida gratis en Galipizza durante os días que se celebre o festival, un dos eventos máis importantes e multitudinarios do panorama internacional e que ten de cabezas de cartel na edición deste ano aos míticos Kiss e Scorpions.
A promoción, que consitía en crear unha peza audiovisual (foto ou vídeo) que combinara tres ingredientes (Galipizza, Resurrection Fest e Kiss) tivo unha grande repercusión nas redes sociais, anque finalmente presentáronse 12 pezas ao concurso, unha cifra inferior ás expectativas iniciais que se marcara a empresa: “A verdade é que esperábamos moitos máis concursantes, pero ao final casi nos alegramos, xa que nos resultou moi difícil tomar a decisión final”, asegura Xosé Manuel Vázquez Leman, xerente de Galipizza.
De feito, ademáis do primeiro premio anunciado, decidiuse otorgar un premio especial cos mesmos beneficios, pero non para toda a vida, senón só para esta edición de 2018, que se celebra a vindeira semana en Viveiro.
O primeiro premio do concurso foi para Adrián Quintana, un neno de 8 anos de Mera (Ortigueira) que leva o rock no sangue, xa é habitual do Resurrection Fest e que está aprendendo a toca-la guitarra eléctrica. “Eu quero ir ao Resurrection” é a súa peculiar versión de “I Wanna Rock N Roll All Night” de Kiss, que cautivou desde o primeiro momento á dirección de Galipizza pola súa mistura perfecta dos ingredientes solicitados, incluíndo, sobre o tema de Kiss cantado polo propio Adrián, a Galipizza e ao Resurrection Fest tanto no texto como na imaxe do seu videoclip.
O segundo premio do concurso viaxou ata Sevilla, desde onde Jacobo Ríos e os irmáns Latorre recrearon a súa propia versión da película “Detroit Rock City” (Cero en Conducta) convertida en “Viveiro Rock City”. Na súa curtametraxe, que enfrenta aos seguidores da bachata e do metal, narran as súas aventuras e desventuras para cruzar a península e chegar sen entradas ata o Resurrection Fest. Cando agora faigan a viaxe de verdade as 4 entradas estaranos agardando xunto coas pizzas de Galipizza.