Cervo 10-7-18. SARGADELOS, empresa emblemática galega, de proxección internacional e con máis de 210 anos de antigüidade, encóntrase nun proceso de reafirmación dos seus valores de deseño, calidade e compromiso coa cultura e o desenvolvemento de Galicia.
Por iso, ante o gran interese que desperta SARGADELOS e a súa forma única de fabricar, que foxe da industrialización para abrazar a manufactura, decidiu establecer turnos de visita guiada ás súas emblemáticas fábricas en Cervo (LUGO) e O CASTRO (Sada, A Coruña ), durante os meses de verán.
Os horarios dos turnos serán:
FÁBRICA de SARGADELOS en CERVO, LUGO: 11:00 h e 13:00 h.
FÁBRICA de SARGADELOS-O CASTRO, en SADA, A CORUÑA: 12:00 h.
Este servicio será DE BALDE, e, en cualquera caso, o visitante que así o desexe, poderá efectuar o percorrido polas fábricas, en horario de traballo, sen guía.
A visita ten unha duración estimada de 30-40 minutos. O visitante poderá coñecer cada un dos procesos polos que pasa unha peza de SARGADELOS, ata converterse nunha xoia en porcelana da máis alta calidade. Proceso moi laborioso y de gran complexidade manufactureira, que se mantén durante séculos e que constitúe un tesouro en sí mesmo.
Tamén pódense organizar visitas guiadas para grupos chamando o teléfono de Atención ao Cliente 982 557 841 ou vía email ó visitas@sargadelos.com
Apostamos, desta forma, por fomentar e preservar un dos patrimonios turísticos e
empresariais de Galicia, para compartir có viaxeiro e o experto, a nosa cultura e os valores que fan única a cada peza de SARGADELOS, tan representativa da nosa terra: GALICIA.
SARGADELOS inagurou recentemente dúas tendas emblemáticas en Madrid e Oviedo e conta
xa con 16 tendas exclusivas en España. Ademáis ten presencia no Reino Unido, México, EEUU, Xapón, Alemania, Francia e incluso Australia, entre outros 70 puntos de venta, onde propón un xeito diferente de entender o deseño, propondo solución de decoración e moda basadas en referencias a Galicia e a súa cultura.
Son uns espacios diferentes e senlleiros onde poderá desfrutar dunha aposta centenaria pelo bó gusto, a diferenciación e a calidade.