Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentado en Xove o programa “Ocio Alternativo”

Xove 6-7-18. O programa de verán foi presentado este venres polo Alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Xuventude e Deporte e Servizos Sociais, Cristina Iglesias e Ana Abad respectivamente.
Trátase na súa maioría de actividades deportivas. É un programa moi amplo, que será complementado con outro programa (“Verán Xove2018”) que xa está en marcha.

As actividades que se van desenvolver en OCIO ALTERNATIVO, son:

– FÚTBOL-SALA 3×3: 10, 11 e 12 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
– BALONCESTO: 17 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
– NOITE DA ORIENTACIÓN: 18 de xullo a partir das 22:00, na praza do Concello.
– RUTA NOCTURNA EN KAIAKS: 19 de xullo a partir das 22:00, Portiño de Morás
– FÚTBOL-PRAIA 3X3: 23, 24, 26 DE XULLO,  a partir das 16:30, na praia de Lago.
– VOLEI PRAIA: 31 de xullo, 1 e 2 de agosto, a partir das 16:30, na praia de Lago.
– BOLOS: 7 e 8 de Xullo, día 7 federados, día 8 non federados, a partir das 22:00, Centro Social de Vilachá. Haberá chocolatada gratuita para todos os participantes. Organiza: Asociación de Festexos a Medorra
– PASEO TURÍSTICO EN BICIS ELÉCTRICAS: 21 de xullo e 4 de agosto en horario de mañá. Inscrición previa na Oficina de Turismo.

Poderán participar no mesmo persoas con idades a partir de 8 anos (categorías: infantís e adultos). A inscrición haberá que facela no lugar de realización da actividade media hora antes do comezo da mesma (agás Paseo Turístico en bicis eléctricas). É totalmente libre e gratuita. Para máis información, haberá que chamar ao tfno: 636504155.
 
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, a través das Concellerías de Xuventude e Deporte, e tamén da empresa IG 10 e a Asociación de Festexos a Medorra de Portocelo; esta última vaise encargar dos tradicionais xogos de bolos.

Exit mobile version