Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas achegaron aos veciños de Riotorto case 1,1 millóns para mellorar os servizos públicos

Riotorto, 6 de xullo de 2017.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Secretario Xeral do PSOE en Riotorto, José García Freire, e compañeiros do partido, mantiveron este domingo encontros cos veciños deste Concello para coñecer de primeira man o grao de satisfacción das actuacións por valor de case 1,1 millóns de euros que os socialistas levaron a Riotorto, sendo as principais e practicamente as únicas iniciativas públicas coas que contaron os case 1.300 habitantes.

Santos Ramos explicou que “os socialistas dende o Goberno Provincial achegamos aos veciños de Riotorto case 1,1 millóns dos seus fondos públicos na Deputación para tentar mellorar a súa calidade pública, acondicionando as infraestruturas e dotacións públicas, ofrecéndolles servizos sociais e novos empregos, así como actividades que dinamizan social e economicamente o Concello. Estes fondos permitiron o financiamento de 30 obras, de 7.200 horas de atención profesional co Servizo a Domicilio a non dependentes que reciben ducias de maiores e que se engaden aos 3 que contan co servizo de Teleasistencia gratuíta provincial, ademais da celebración dunhas 25 iniciativas en impulso do turismo, do deporte e da cultura. Somos os socialistas os que ofrecemos aos veciños de Riotorto as principais e practicamente as únicas iniciativas públicas no seu Concello, facendo que o público repercuta no público”.

Neste senso, García destacou que “os investimentos que traemos os socialistas ao Concello de Riotorto son reais e repercuten directamente no día a día dos nosos veciños a diferenza do que fai o Partido Popular, que non ofrece ningún novo investimento público real aos nosos veciños nin dende o Concello nin dende a Xunta”.

750.000 euros en melloras de infraestruturas e dotacións públicas
O Goberno Sociliastas na Deputación investiu case 750.000 euros na mellora de infraestruturas e dotación públicas no Concello de Riotorto. Son case 350.000 euros na rehabilitación de accesos en Moxueira, Chacín, Santalla, Espasande de Arriba, Santamarta, Vilaseca-Lamas, Eirredondo-Teixeiro, Santadrao, Orrea, O Franco, Chacín, Ferraría, Castro, Lamas, Ribadiña, Chairas, Grandal, Augaxosa, Galegos, ou á escola de Santa comba de Orrea; 170.800 euros son para a mellora da LU-P-4402 que vai da Paraxe a Lourenzá por Bretoña a Muiñonovo; 80.000 euros para compra dun camión do lixo, 65.000 euros para a rehabilitación da Área Recreativa da Ferreira Vella, que despois de ter feita esta inversión, o Alcalde decidiu pechar; 30.000 euros para a creación de invernadoiros, mellora de accesos en locais sociais e recuperación de terras abandonadas, 25.000 euros en alumeados e mellora de eficiencia enerxética; ou case 20.000 euros para a captación fonte das Leivas para núcleo de Soutelo, entre outras.

Fomento dos servizos sociais e do emprego con 150.000 euros
O PSOE financia con 45.000 euros dende o Executivo Provincial unhas 8.000 horas de atención profesional a maiores de Riotorto a través do Servizo a Domicilio para non dependentes, ao igual que ofrece e asume o servizo de Teleasistencia gratuíta que reciben outros 3 focenses. Os socialistas xeraron en Riotorto 6 novos postos de traballo con programacións como o Ben Emprego e DepuEmprego, achegando para elo 105.000 euros para asumir os custos laborais destes profesionais. Estes traballadores están, ademais, a reforzar a actividade de colectivos sociais e entidades de Riotorto, así como contribuíndo á prestación de servizos públicos municipais.

Preto de 100.000 euros para actividades turísticas, culturais e deportivas
Para impulsar a económica local e a vida social, os socialistas achegaron case 100.000 euros, que permitiron a celebración dunhas 25 citas como a Feira dos Ferreiros, obradoiros como o de coiro e demostracións teatrais, entre outras actividades turísticas, culturais e deportivas, convertendo á Deputación na maioría dos casos na principal ou única patrocinadora.

Exit mobile version