O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que o club benefíciase desta iniciativa destinada a colaborar cos gastos de funcionamento dos equipos galegos de alta competición.
Neste sentido, Balseiro subliñou “o destacable papel que xoga o Burela Fútbol Sala na Mariña, cos dous equipos que se atopan entre os mellores da súa categoría, o masculino e o feminino”, e na mesma liña sinalou “o fito que supón a traxectoria do equipo feminino burelés nun deporte tradicionalmente masculinizado como o fútbol”.
A Xunta, engadiu o delegado, “apoia o deporte galego en todo o territorio, tanto o de base como o de elite, a través do impulso ás asociacións e clubs que o fan posible e que prestan un servizo fundamental á sociedade”.