Site icon Crónica3.com A Mariña

O IV Torneo de tenis Concello de Burela “Memorial José Luis Yebra” celebrarase do 16 ao 29 de xullo. As inscricións poderán realizarse ata o día 13

Burela, 4 de xullo de 2018. Do 16 ao 29 de xullo disputarase o IV Torneo de Tenis Concello de Burela “Memorial José Luis Yebra”. O evento foi presentado esta tarde nas pistas de tenis da Marosa. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e membros do Club de Tenis-Pádel A Marosa.
O Torneo disputarase nas modalidades de individual absoluto, dobres absoluto e xoves promesas. As inscricións poderán realizarse ata o 13 de xullo por teléfono chamando ao 630 744 347 ou 687 433 380 e tamén por correo electrónico en clubdetenispadelamarosa@outlook.com
Ramiro Fernández Rey lembrou que “José Luis Yebra era un gran practicante de tenis aquí en Burela. Este é o cuarto ano que se celebra este Memorial, que foi unha iniciativa que iniciou o Club de Tenis de Burela coa colaboración do Concello”.
E engadiu que “desde o equipo de goberno seguimos apostando por axudarlles aos clubs deportivos como neste caso ao Club de Tenis de Burela.E agardamos que a participación sexa similar e importante ao igual que o foi os outros anos”.

Exit mobile version