Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo executará o saneamento e conexión coa rede xeral en Meirengos, na Devesa, grazas ao plan único da Deputación. Fernando Suárez bota en falta a axuda da Xunta nesta materia

Ribadeo, 2 de xullo de 2018. O Concello executará o saneamento e conexión coa rede xeral en Meirengos, na parroquia da Devesa. O investimento, a través do Plan Único da Deputación de Lugo, ascende a 13.000 euros e o prazo para realizar eses traballos é dun mes.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que “hoxe no perfil do contratante do Concello sae o anuncio de licitación dun contrato de obras de saneamento e conexión coa rede xeral no núcleo de Meirengos, na Devesa”.
O rexedor subliñou que “é unha obra importante para este núcleo, dotalo de saneamento, por un total de 13.577 euros, e cun mes de prazo para executar as obras”.
Suárez Barcia salientou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos avanzando paseniñamente, máis lento do que nos gustaría, pero hai que ter en conta que para cuestión de saneamento a Xunta de Galicia vese moi pouco por aquí. A pesar das demandas que, no pleno de ano pasado, temos feitas unanimemente entre todos para que investira cando menos o que desde Ribadeo ingresamos entre todos os usuarios de auga e de saneamento do concello”.
Suárez lembrou que “ingresamos aproximadamente 400.000 euros ao ano, e nada diso retorna a Ribadeo desde hai moitisimo tempo Aproveitando unha axuda máis, e xa vai outra máis da Deputación de Lugo a través do Plan Único, decidimos, entre outras actuacións de mellora nas parroquias, de aglomerados, de asfaltados, etc…, facer este saneamento tamén aquí no barrio de Meirengos, da parroquia da Devesa”.

Exit mobile version