Mondoñedo, 6 de xullo de 2018.- O Concello de Mondoñedo organiza un verán máis “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”.
A actividade comezou o xoves 5 de xullo e prolongarase durante todos os xoves do verán ata o 23 de agosto, e desenvolverase na Praza do Concello.
Programación
O programa inclúe xogos tradicionais, circo, concertos de música, teatro e títeres.
“Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán” inaugurou a súa edición do ano 2018 o xoves 5 de xullo na que Puzzle Animación desenvolveu xogos tradicionais.
O xoves 12 de xullo ás 20:30 horas a compañía Circo Chosco levará a cabo o seu espectáculo “Riscando o Ceo”.
O día 19 de xullo haberá dobre sesión. Ás 19:00 horas estará a Gaitaescola coa súa actuación “Troula fin de curso” e ás 21:00 horas a actuación de Reviravolta.
O 26 de xullo ás 20:00 horas Fran Rei representará o espectáculo, a medio camiño entre a maxia e o contacontos, “Historia de Brancaflor”.
O xoves 2 de agosto ás 20:30 horas terá lugar a actuación de “Tania y su acordeón”.
O 9 de agosto ás 20:30 levarase a cabo o concerto “Brinca Vai”, unha actividade dirixida a público infantil que se basea no libro Brinca Vai de Paco Nogueiras.
O xoves 16 de agosto ás 20:00 horas será o turno para os títeres co espectáculo “Romances” a cargo de Micromina Títeres.
E, para rematar esta edición de “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”, o xoves 23 de agosto a partir das 21:00 horas celebrarase o concerto do grupo de pop/rock español “Los Limones”.