Unha tarxeta para reivindicar dereitos sociais, laborais, sanitarios….
Para o colectivo barreirense, as prestacións desta tarxeta reivindicativa son moitas, pois @ portador/a dela pode e debe efectuar reivindicacións sociais, laborais, sanitarias, reivindicacións en atención primaria, en urxencias, en atención especializada, e por suposto, en materia de pensións. “E tamén calquera outra reivindicación complementaria diante de calquer cinrcunstancia anómala, continxencia ou imprevisto tamén a nivel municipal, que últimamente hai moitas” manifestaron os pensionistas barreirenses.
Según informa o Colectivo, para adquirir esta tarxeta só hai que ir os xoves ás 12 da mañá á praza do concello e simplemente ter ganas de loitar e defender os nosos dereitos.
Descontento coa raquítica suba do 1,6% que se queda en nada polo comportamento do IPC
No manifesto que se leeu nesta concetración, @s xubilad@s insistiron no que venen defendendo e esixindo semana tras semana, que é a derrogación das reformas laborais, aprobación dunha nova lexislación laboral, pensión mínima igual ao SMI, xubilación ordinaria aos 65 anos e blindaxe do sistema público de pensións para que estas sexan dignas e con poder adquisitvo.
Neste sentido mostraron o seu descontento coa raquítica suba do 1,6%, que se queda en nada debido ao comportamento do IPC e á escalada da inflación que o mes pasado situouse xa nun 2,2%. Para os pensionistas, esto quere decir que esta situación xa se come a suba anunciada e polon tanto sigue a perderse poder adquisitivo sobre todo pola suba dos carburantes e dos productos frescos básicos.