Son numerosas as ocasións o longo destes anos nos que o noso grupo municipal se ten interesado polo adecentamento e coidado axeitado da área etnográfica de a Insua e da pista que da acceso á mesma, sin ir máis lonxe no pasado pleno do mes de xuño onde lle rogábamos á Sra. Alcaldesa que lle prestase a debida atención, como consecuencia do estado de abandono que presentaba nas vísperas da chegada dunha nova etapa estival, onde ademáis de ser visitada por moitos veciños, tamén agardamos que sexa visitada por moitos turistas.
Este espacio singular, inaugurado en xaneiro do 2001, estivo ben coidado ó prinicipio, cunha zona verde en perfecto estado así como o material existente, o que había que sumarlle o encendido dun alumeado decorativo – gracias a un grupo electróxeno – en datas sinaladas onde se preveía umha maior afluencia de visitantes á mencionada área.
A partires da entrada do novo goberno, a mediados do 2003, moitas cousas cambiaron no relativo o seu coidado e non precisamente para mellor. Así o alumeado decorativo nunca máis se volveu a saber del e tanto a zona verde, a que se lle prestou pouca atención, como o mobiliario que se foi deteriorando sin que se realizasen tarefas de mantemento, contribuiron a darlle un aspecto descuidado que pouco falan a favor dun concello turístico coma o noso.
Fai uns anos, o goberno municipal socialista facía unha canalización para a acometida de corriente eléctrica e alumeado público dos accesos a esta área etnográfica, que como decimos, na actualidade está sumida no máis completo dos abandonos a pesar de figurar en todos os folletos turístico que promocionan o noso Concello e do elevado número de persoas que a visitan.
Por estes motivos, solicitamos a esta Corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:
1. Que o equipo de Goberno Municipal elabore un plan anual de mantemento para este espacio, ó obxecto de conservar este polo de atracción turística libre de maleza e suciedade e así poder ser visitada en calquera época do ano coas debidas garantías.
2 . Que por parte da Sra. Alcaldesa se realicen as xestións oportunas coas distintas administracións – provincial, autonómica e estatal -, para conseguir as axudas necesarias para dotar de corriente ó alumeado decorativo tal e como foi concebido nun principio e o mesmo tempo dotala de auga potable.