O presidente da entidade burelista, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, recibiron hai uns días na sede do club o responsable da área de fútbol sala no departamento de Mercadotecnia da empresa deportiva, Óscar Jiménez, para formalizar oficialmente a continuidade dunha relación que comezou na tempada 2011-12.
No mes de agosto, os equipos sénior poderán dar a coñecer a indumentaria que lucirá a estrutura laranxa en 2018-19.