Burela 3-7-18. O canario Imanol Chávez Darias (La Gomera, 1993) defenderá a portería laranxa a vindeira tempada, compartindo responsabilidades con Edu. O mozo gardameta recalará na Mariña despois dunha excelente campaña no Jaén Paraíso Interior alzándose coa Copa de España.
Aos seus 24 anos e formado na súa terra, en Gomera FS e Gran Canaria Colegios Arenas, en 2015-16 deu o salto ao fútbol sala internacional en Rumanía, no KSE Targu Mures; regresou en 2016-17 ás pistas españolas, co FS Zamora, e en 2017-18 estreouse en Primeira División co equipo andaluz.