Site icon Crónica3.com A Mariña

En marcha “Xove concilia verán”

Xove, 4 de xullo de 2018. Un dos programas máis importantes dentro de Verán Xove 2018 é o de “Xove Concilia Verán”, sobro todo polo alcance social que ten e polo número de participantes.
Este Programa, que comezou o 25 de xuño e vai durar ata o vindeiro 7 de setembro, conta con 58 nenos/as inscritos, que están desenvolvendo as súas actividades en diferentes espazos (Salón de Actos, Pavillón de Deportes, Parque e Aulas de Formación e Multideportiva), segundo sexa a actividade que estén a desenvolver nese intre.
As actividades realízanse en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, dividíndose as mesmas en tres bloques:
-Bloque creativo.
-Bloque movemento.
-Bloque calmaditos.
Os nenos/as están acompañados nas súas actividades por 5 monitores, pertencentes todos a empresa Lucusneda.
Este programa, financiado polo Concello, está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Fondo Social Europeo 2014/2020. É un programa, que como dí o título, trata de conciliar a vida familiar, conciliar o traballo dos pais co lecer dos fillos, nestes meses estivais onde as clases remataron. Deste xeito, pola mañá os nenos/as divírtense aprendendo, e pola tarde, se o tempo o permite, quédalles a praia. En definitiva, trátase de actividades formativas e de entretemento e diversión para nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria.

Exit mobile version