Site icon Crónica3.com A Mariña

Diante dunha posible reforma do voto rogado, proposta polo PSOE, Galicia ten que ter unha postura firme e presenza real no proceso de reforma, afirma CxG

Santiado de Compostela 6-7-18. Entendemos dende CxG a necesidade de modificar as condicións do chamado voto rogado, este non xustifica as declaracións de Borrell de unha actuación con “presa” e a presa, igual so beneficia a PSOE e PP ou busca iso. Cómpre lembrar a falla de garantías do proceso anterior e a modificación de resultados que producía, na aplicación do café para todos. “voto rogado”, posto no punto de mira por Europa e a propia xunta electoral.
A necesidade de reforma
Galicia é neste senso unha realidade a ter en conta cun censo exterior de votantes que pode supor o 16% dos electores, por iso dende CxG reclamamos unha presenza efectiva de Galicia nas posibles negociacións, de Galicia como País non de partidos políticos, con un grupo de expertos designados polo Parlamento.

Compromiso por Galicia rexistrará no Parlamento Galego unha iniciativa para o debate dos grupos coas seguintes peticións, diante da próxima reforma:

1.Eliminación do trámite de rogo, voto directo en Consulados e Embaixadas en urna e mediante identificación.
2.Non poderán votar nas eleccións municipais, aqueles residentes no exterior que leven máis de 3 anos fóra na data de votación, non terán dereito a voto.
3.Modificación da Constitución, do Estatuto e da Lei electoral, para que nas eleccións Xerais e Galegas se outorgue un número de deputados ponderado, ós residentes no exterior de elección directa en circunscrición, como xa se fai en países veciños.
4.O censo sexa revisable cada catro anos.
5.Para poder exercer o dereito a voto no exterior teñen que garantirse cando menos 12 meses de residencia no Estado en períodos de 10 anos ou unha relación fiscal estable.
6.Modificación da Lei 8/1985, de 13 de agosto de eleccións ao Parlamento de Galicia, no artigo 10 a) pasando dun 5% a un 3%, como medida de garantir a pluralidade, equiparándonos a outros que si manteñen ese % e tendo en conta a influenza no resultado do voto exterior.

Exit mobile version