Ribadeo, 5 de xullo de 2017. Arrincou este xoves, unha nova edición de Construíndo o verán, o programa de reforzo escolar que organiza a Concellaría de Servizos Sociosanitarios e que se leva a cabo nas instalacións do edificio da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo, “que nos cedeu unha aula”, segundo explicou Sonia Meilán.
A edil ribadense contou que “un equipo de voluntarias encargaranse de prestar un reforzo escolar durante a estación estival a uns quince nenos e nenas de primaria”.
Sonia Meilán aproveitou para agradecer “o traballo das voluntarias e animar a aquela xente que queira sumarse a colaborar con este proxecto a que o fagan, aínda están a tempo. Sen o traballo das voluntarios esta actividade non podería levarse adiante”.
Este reforzo escolar, que leva varios anos realizándose co impulso do Concello de Ribadeo, desenrolase dous días á semana. Será os martes e xoves de 10:00 a 11:30 horas durante os meses de xullo e agosto.