Site icon Crónica3.com A Mariña

As actividades nocturnas ao aire libre para rapaces organizadas polo concello de foz empezarán o vindeiro luns, día 9, e nesta edición incorporan como novidade Wipeout

Foz, 5 de xullo de 2018. O vindeiro luns, día 9, comezan as actividades nocturnas ao aire libre para rapaces maiores de 10 anos organizadas polo Concello de Foz, a través da Delegación de Xuventude e Deportes, que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso. Nesta edición incorporan como novidade unha proba con obstáculos chamada wipeout.

Desde a organización de As Noites anunciaron hoxe que “este ano ademais dos exitosos torneos de fútbol praia, volei praia, fútbol sala e baloncesto, que reúnen a mozos e mozas de Foz e doutros lugares da comarca, incorporamos wipeout (estilo humor amarillo, con obstáculos por equipos), que seguro que fai as delicias de todos. Comezamos o luns 9 de xullo na praia da Rapadoira, con fútbol praia para as categorías sub 12, sub 15 e sub 17. Para inscribirse os mozos e mozas tan só deberán acudir ao inicio de cada un dos torneos. E se hai xente sen grupo non hai problema, conformamos equipos”.
 
As actividades desenvolveranse ata o 22 de agosto de 22:00 a 01:30 horas no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira.

Exit mobile version