Site icon Crónica3.com A Mariña

A III Travesía Navega el Camino chega a Viveiro o 21 de xullo

Viveiro 17-7-18. Un ano máis, Viveiro forma parte das etapas da III Travesía Navega el Camino, unha peregrinaxe na que un máximo de trinta embarcarcións percorren o Camiño do Mar, dende Hondarribia a Santiago de Compostela, ao longo de once xornadas a vela e unha a pé.

A flota chegará a Viveiro o sábado 21 de xullo, entre as 19:00 e 22:00 horas, despois de percorrer a etapa Cudillero-Viveiro.

O domingo 22 de xullo permanecerán no noso municipio para disfrutar dunha xornada dedicada ao descanso, o turismo e a gastronomía; neste senso, organizáronse unha serie de actividades co fin de mostrar aos 80 participantes parte dos nosos recursos e facer que a súa estancia entre nós sexa o máis agradable posible.

O programa para este día comezará pola mañá cunha visita guiada ao Museo do Mar, en San Cibrao (Cervo), na que os participantes terán oportunidade de coñecer a historia pesqueira de baleas. Pola tarde, ás 17:45, terá lugar unha visita guiada polo casco histórico, na que se mostrarán algúns dos lugares máis interesantes do noso patrimonio. Posteriormente, ás 20:30 horas, nos claustros de San Francisco realizaráse un showcooking para ofrecer unha degustación de merluza do pincho e ensalada de algas, dando a coñecer o produto gastronómico máis representativo do noso concello. Ao rematar, procederase ao selado das credenciais a cada un dos peregrinos, facéndolles entrega dunha bolsa con material de promoción turística de Viveiro. Para rematar, ás 21:00 horas, os viaxeiros poderán disfrutar da actuación de Sons de Celeiro e da proxección dunha vídeo, de North Marinas, sobre a propia travesía.

A flota partirá de Viveiro o luns 23 de xullo, ás 9:00 horas, dando comezo a unha nova etapa que une Viveiro con Cedeira.

Exit mobile version