Xove, a 27 de XUÑO de 2.018. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, vén de convocar o V Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso haberá dúas categorías:
-Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
-Xuvenil, para menores de 18 anos.
En canto aos premios, serán tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.
A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:
-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.
-Copia do NIF do concursante.
-Un CD que conteña as imaxes dixitais.
O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse ata o día 14 de setembro de 2.018, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación.
Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases, a Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO, ubicada na páxina web www.xove.es.