Lugo, 27 de xuño de 2018. Últimos días para apuntarse nas 5 accións formativas que ofrece o Goberno da Deputación a lucenses menores de 30 anos no paro co LUGOWORK. Estes cursos están enmarcados no plan de emprego xuvenil que puxo en marcha o Executivo Provincial con 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da EOI. Tras a formación os participantes terán a posibilidade de traballar en entidades da provincia e cubrir as necesidades que demandan ditas empresas.
As persoas interesadas en participar nestes cursos teñen ata o 30 de xuño para facer a súa solicitude en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil.
5 accións formativas
1.- Curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público: Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán 250 horas de formación a través de contidos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas online e offline.
2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados – Drons: Este curso conta con 220 horas de formación e 15 prazas. Son impartidos en Lugo por profesionais do aeroclub de rozas. Con esta acción o organismo provincial cubre a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en expansión con máis posibilidades de crecemento.
3.- Curso de Emprendemento: Está dirixido a 15 persoas que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Deste xeito, os participantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos coma os modelos de negocio, ou estratexias de vendas, entre outros. Este curso o impartirán profesionais da Fundación CELL.
4- Desenvolvemento en aplicacións Android: Esta acción formativa, que conta con 15 prazas. Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán unhas 200 horas de formación a través de contidos dirixidos a aprender todo o relacionado co desenvolvemento nativo de aplicacións Android para poder crealas dende cero.
5- Técnico en automoción e de maquinaria agrícola: Neste curso, 15 lucenses recibirán unhas 250 horas de formación a través de contidos dirixidos a aprender operacións básicas de mantemento no motor e sistemas auxiliares en automóbiles e maquinaria agrícola, proporcionando os contidos teóricos e prácticos necesarios nesta rama.