En Burela a especialidade desenvolvida foi “Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría”. En Cervo foi “Actividades Auxiliares en Conservación e mellora de Montes”.
E no concello de Xove a especialidade foi “Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construcción”, e realizaronse unha serie de actuacións conducentes o mantemento e mellora de distintas instalacións municipais, mobiliario urbán e pintado de pasos de peóns.
As obras realizadas foron as seguintes:
Pintado interior de aulas e zonas comúns do Colexio Público de Palmeiro.
Pintado da marquesina da parada de autobuses de Xove.
Pintado do mobiliario urbán no entorno da praza do Concello é do Parque municipal.
Pintado interior das duchas e vestiarios do campo municipal de Xove e Beltrán.
Pintado e barnizado das casetas dos socorristas das praias de Lago e Esteiro.
Pintado interior do Centro social de Sumoas.
Pintado e lacado de tres vivendas sociais propiedade do Concello (para a súa posterior entrega a personas con dificultade de acceso a vivienda).
Pintado dos pasos de peóns do nucleo urbán de Xove.
Malia que se trata dun programa formativo, con xente totalmente allea ó mundo da pintura, o alto grado de involucración dos alumnos/as traballadores e do monitor nos traballos a realizar deron como resultado unha excelente calidade na execución dos mesmos.
Estes programas formativos están orientados a dar unha salida laboral ós distintos/as participantes nas distintas especialidades formativas, e neste sentido sinalar que distintas empresas da contorna se puxeron en contacto coa dirección do Obradoiro de Emprego para contratar a algún dos participantes unha vez finalice éste, reforzando o carácter de formador de profesionais e de axuda a búsqueda de emprego que teñen estes obradoiros.