Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP da Mariña destaca que os 12 millóns investidos por Medio Rural contribúen a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal

A Mariña 12, xuño, 2018. A consellería de Medio Rural investiu o pasado ano 12 millóns de euros na Mariña lucense, o que permitiu, segundo apuntan os populares da comarca, a aumentar a rendibilidade dos sectores agrogandeiro e forestal, así como a mellorar as tarefas desta índole que realizan as entidades locais, como poden ser os traballos de desbroce das estradas da súa titularidade, grazas á concesión de axudas para a adquisición de tractores agrícolas.

Concretamente, o importe destas axudas non só supuxo “un impulso para moitos gandeiros, senón que tamén contribuíu á creación de novos postos de traballo na comarca e, por tanto, ao asentamento de fixación de poboación”, afirman. E é que a maior parte destas subvencións enmárcanse en distintos programas liderados polo departamento autonómico, como son os coñecidos plans de mellora; as axudas para a incorporación de mozos; as indemnizacións por retirada de pataca; o Plan Marco para a rehabilitación de camiños; as concentracións parcelarias; o pagamento da PAC; o impulso da produción ecolóxica e dos traballos de silvicultura, limpeza de montes e reforestación; a transformación e comercialización de produtos, etc.

A este respecto, dende o PP agradecen a colaboración da Xunta de Galicia, que vén a dar cumprimento ao que anunciou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao comezo do presente mandato. “O presidente dixo que esta ía ser a lexislatura do rural, e con estas cifras estámolo vendo. A Mariña, ademais de ser unha zona de costa, tamén ten un peso moi importante no sector agrogandeiro, polo que este investimento axuda aos beneficiarios a profesionalizarse, garantindo a viabilidade das súas explotacións e incluso algo que a veces é moi difícil, como é o relevo xeracional”, remarcan.
Importe por municipio
Deste xeito, o desglose destes 12 millóns de euros é o seguinte:

Consellería do MEDIO RURAL. INVESTIMENTOS e AXUDAS PAGADAS durante a anualidade 2017
TOTAL por CONCELLO

709.788,86-Alfoz
1.026.943,39-Barreiros
310.084,65-Burela
458.939,50-Cervo
550.344,46-Foz
726.696,99-Lourenzá
1.106.396,56-Mondoñedo
823.515,29-Ourol
834.966,53-Pontenova (A)
482.409,72-Ribadeo
1.584.390,84-Riotorto
1.502.034,04-Trabada
824.032,57-Valadouro (O)
370.599,47-Vicedo (O)
324.808,01-Viveiro
316.450,27-Xove
11.952.401,15-TA OTAL provincia

Exit mobile version