Site icon Crónica3.com A Mariña

O Lugués Porto, cuarta incorporación laranxa

Burela 27-6-18. José Antonio Capón Lamas (Lugo,1997), máis coñecido como Porto, será xogador do Pescados Rubén Burela FS a vindeira tempada. O ala, procedente do Prone Lugo, será a cuarta incorporación do cadro de Juanma Marrube, xunto ao peche Lucho e o ala Vargas, dende o Levante UD, e Juanfran, dende Naturpellet Segovia.
“É un xogador galego cun futuro prometedor; a pesar da súa xuventude, xa posúe experiencia na categoría. É un perfil de xogador que se adaptará moi ben ao proxecto” loaba así Manuel Blanco, o presidente burelista, a chegada do lugués, de 21 anos, formado na base do Azkar Lugo.

Exit mobile version