García Porto remarcou que “dende o Executivo traballamos para fomentar a cultura e idiosincrasia da nosa provincia e este festival é unha clara mostra, pois conxugará o mellor da nosa música, o noso medio rural, a artesanía e o deseño, a gastronomía e os produtos autóctonos, e como non, a envexable natureza da que dispoñemos, todo isto dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente. Estas características converten o Eu son Eo nun festival que, a pesares de estar arrincando, conta cun enorme potencial de crecemento”.
Pola súa parte, García Bermúdez subliñou que se trata “dunha importante cita para o Concello de Trabada, pero tamén para o conxunto da provincia, e especialmente para a Comarca da Mariña, pois preto dun milleiro de visitantes se achegarán a disfrutar dos nosos recursos naturais, culturais, gastronómicos e patrimoniais, aspectos que nos converten nunha zona única e diferente, un espazo excepcional para desenvolver actividades de todo tipo. Estou segura de que quenes se acheguen por primeira vez a coñecernos quedarán con ganas de volver en futuras edicións do festival”.
Eu son Eo
O festival naceu como unha iniciativa de i+D para a rexión que comprende a Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón, fomentando a relación e a cooperación entre estes territorios tanto no apartado cultural como no apartado económico.
Este ano o festival contará con máis dunha ducia de actividades culturais. As principais son as musicais, entre as que destaca o concerto da banda tributo We Love Queen, pero haberá tamén mostras de artesanía e unha feira que reunirá a preto de 15 artesáns da zona. Nesta edición, recuperase ademais a carreira popular Eu son Eo. Tamén inclúe actividades acuáticas, unha andaina, monólogos, foros, exposicións, e máis sorpresas para todos os públicos e adaptadas a todas as idades.
Programa
Venres 29
21:00 horas— Inicio do festival coa actución Dj´Eomúsica 80.
23:00 horas— Cañoneros. Banda tributo a la movida 80-90.
01:30 horas— DJ´Eomúsica 80
3:00 horas— Fin da xornada.
Sábado 30
11:00 a 19:00 horas— Actividades no río, piraguas e kayak. Gratis.
9.00 horas— Saída ruta, “Valles do Eo”.
11:00 horas— Apertura da mostra “La chalana” e “Artes de pesca”.
11:00 horas— Visualización de “Memorias del Eo”.
11:00 horas— Actividades acuáticas y paseos en bicicleta.
11:00 a 13:00 horas— Demostración de actividades de ferrería.
13:00 horas— Sesión musical DJ´s-Eomúsica 80.
15:00 horas— Comida
16:00 a 18:00 horas— Demostración actividades de ferrería.
17:00 horas— Foro “Eu rural”.
18:00 horas— Carreira popular EU SON EO.
19:30 horas— Entrega de premios carreira EU SON EO
20:00 horas— “El Chusco” monologuista.
21:00 horas— DJ´s-Eomúsica 80.
00:00 horas— We Love Queen (Tributo Show a Queen).
02:00 horas— Dj´s-Eomúsica 80.
03:00 horas— Fin do festival.